sábado, 14 de novembro de 2015

Queridos Ventiños:

Hoxe escribo por última vez no blog para dicirvos que estar na clase de 1ºA foi unha experiencia moi gratificante e formativa para min. Non sabedes o moito que vou botar de menos ir polas mañás ata aí. Aprendín un montón con vós!

Por suposto agradecer á Profe Tere todo o que me ensinou, a axuda que me ofreceu, os consellos que me dou...Gracias!

A partir de agora ela encargarase do blog. Lereivos e verei as fotos con gran ilusión. Traballade moito Ventiños!

Foi todo un placer estar con todos vos. Pero esto non é unha despedida..vereivos pola rúa, e algún día irei de visita.


Un bico moi forte Ventiños!!

venres, 13 de novembro de 2015

Xogamos cos LEGO...na clase de Mates

Cantas cousas podemos facer cos LEGO?

O outro día decidimos empregalos na clase de matemáticas. Primeiro fixemos torres de dez pezas de igual tamaño. Tiñamos unha "decena" coa que fixemos sumas e restas.


Por exemplo:
"Se quitamos tres pezas, cantas che faltan para volver a ter a decena?"
                   
 "Se temos dúas pezas, cantas me faltan para chegar a ter 10?"


Logo sumamos tódolos montóns para saber cantas pezas tiñamos en total (ollo ao truco para acabar antes de contar).


Houbo alumnos foron contando: 10, 20, 30, 40....en total tiñan 100!

Outra das actividades foi a descomposición do número 10:

5+5
4+6
6+4
3+7
7+3
1+9
9+1

e tamén:

8+1+1
1+7+2
3+3+4
...
Canto pensan estos nenos e nenas!!!

Ao final empregamos os LEGO para repasar o aprendido noutras sesións sobre "menor que" e "maior que"...cos LEGO foi moooi fácil!


Aquí está a galería de fotos desta sesión:

xoves, 12 de novembro de 2015

Fichas de números e símbolos

Estas semanas empregamos as fichas cos números e os diferentes símbolos para realizar un montón de actividades.


Como por exemplo:

- Descompoñer números
- Maior que, menor que, igual que
- Continuar series
- Conteo
- Operacións aritméticas

E unha vez rematos a tarefa do día tivemos un ratiño de xogo libre: tangram, mini ARCO...
 

"Maior que", "menor que", "igual que"

Esta semana vimos os símbolos >  <  =


A profe Tere dounos unha idea xenial: transformar os símbolos nos comecocos!



Actividades online relacionadas con este tema:

http://math.cilenia.com/comparison/es

http://primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/septiembre/unidad_1/mayor_menor_igual.swf

http://primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/septiembre/unidad_1/mayor_menor_igual3/visor.swf

-http://primerodecarlos.com/julio/cifras/a/1/ca1_07.html

Quen se anima?

mércores, 11 de novembro de 2015

Decoración de outono

O pasado día 3 de novembro foi a inauguración da Biblioteca do cole. Fixemos uns monstros con ourizos, entre outras moitas actividades.
Posteriormente na clase fixemos unha pequena descrición do noso monstro: nome, cor de ollos, como é o seu corpo, onde vive...
Que medo!


 Esta semana estamos traendo á escola os traballos que elaboramos coa nosa familia, estes son algúns exemplos que colocamos no corredor. Quedaron chulísimos!!




E hoxe rematamos os noso cucuruchos para o venres celebrar o Magosto. A nosa clase leva o vento, que tamén está presente no título deste blog e no mural do recuncho da biblioteca de aula.

Empregamos os "palillos"

Traballamos a unidade e a decena con escarvadentes:

- As unidades son os palillos azuis.
- As decenas son os vermellos.

Aquí podedes como 10U = 1D:


Con estas actividades lograremos reforzar a numeración e a descomposición dos números, dun xeito manipulativo, que facilita a comprensión.


O tangram

O tangram é un puzzle de orixe chinesa formado por un cadrado dividido en sete pezas denominadas tans: dous triángulos iguais de tamaño pequeno, un triángulo mediano, dous triángulos grandes, un cadrado e un romboide. 


As pezas gardan entre si unhas relacións métricas moi particulares:
- Todos os ángulos son múltiplos de 45º.
- Todas as pezas conteñen o triángulo pequeno un número enteiro de veces.
- Só hai catro lonxitudes diferentes nos lados das pezas.

O que nos fixemos primeiro foi formar un cadrado empregando TODAS as pezas que tiñamos, levounos un pouco de tempo pero ao final...CONSEGUÍMOLO!!



O tangram é unha ferramenta moi útil para empregar no ensino da matemática, e en especial na parte da xeometría: realizando tarefas de construcción e clasificación de polígonos, medidas de lonxitudes e superficies, etc. 

E tamén adoita empregarse como pasatempo. Tivemos un tempo de xogo no que construímos figuras e formas coas sete pezas, saíron modelos preciosos. 

Podemos realizar un montón de actividades segundo o nivel e a idade, algúns exemplos  máis avanzados son:

- Clasificar as pezas do tangram seguindo diferentes criterios. Constrúe con elas cuadriláteros e clasifícaos. Despois fai o mesmo con polígonos.

- Tomando como unidade a lonxitude do cateto do triángulo pequeno, averigua cantas lonxitudes diferentes hai nos tans e canto valen.

-Tomando como unidade de área a superficie do triángulo pequeno, acha a área das demais pezas (isto é, cantas veces está contido o triángulo pequeno en cada un dos restantes tans). Unha vez feito isto, averigua a superficie e todo o tamgrama cadrado (cadrado constituído polos sete tans).

- Fai o mesmo que no punto anterior, tomando agora como unidade o cadrado.

- Usando os dous triángulos pequenos, xúntaos para formar polígonos. Despois constrúe o polígono de menor número de lados posible e o polígono de maior número de lados posible. Finalmente, repite esta operación empregando tres triángulos que podes escoller libremente. Como ten que ser a elección dos tres triánglos para que o polígono teña o menor número de lados posible? E para que teña o maior número de lados posible?

-Emprega o tangram para amosar a relación que existe entre o perímetro e a área: primeiro constrúe dúas figuras que teñan o mesmo perímetro e diferente área, e despois constrúe dúas que teñan a mesma área pero diferentes perímetro. Observa que para que sexa doado de comprender debemos porcurar que todas as lonxitudes dos lados das figuras sexan número enteiros.


Aquí podedes descargar e imprimir unha plantilla para facer o voso tangram e seguir practicando na casa

Facede uso da vosa imaxinación e creatividade para crear asombrosas figuras e formas. Tamén en Internet podemos atopar un montón de modelos para construir. Por exemplo, atopei este de animais:


martes, 10 de novembro de 2015

Vasos numéricos

Hoxe traballamos con estos vasos numéricos:


Utilizamos os vasos para:

-Compoñer o valor posicional das cifras.

-Practicar o conteo cara diante e cara atrás.

-Aprender os números ata o que queiramos, pois podemos ir añadindo vasos.

-Descompoñer os números.


luns, 9 de novembro de 2015

Facemos operacións co Mini ARCO

O Mini ARCO é un xogo didáctico de orixe alemá que estimula o pensamento lóxico, a capacidade de abstración e a concentración mental.


É moi sinxelo de manexar e podémolo aplicar a tódalas áreas (hai moooitas guías didácticas de temas moi variados: matemáticas, comprensión de textos, educación vial, memoria...).

Neste caso traballamos co caderno Aritmética I. Pasámolo moi ben contando obxectos, completando series, facendo sumas..

domingo, 8 de novembro de 2015

Recta numérica...multifunción!

Fai unhas semanas que temos a recta numérica (do 1 ao 100) pegada na parede da aula.


Empregámola para mooitas cousas: ordear, comparar, localizar números, facer series, sumar, restar, ler, resolver problemas...

sábado, 7 de novembro de 2015

Descompoñemos números...

O outro día realizamos descomposicións de números coas Regretas Cuisenaire.


Para mellorar nas sumas e nas restas que estamos traballando primeiro debemos coñecer ben como se descompoñen os números. 



A primeira descomposición que fixemos foi do número 5, logo seguimos co 7, co 6...

xoves, 5 de novembro de 2015

luns, 2 de novembro de 2015

Outono dourado

Ven vindo outono dourado
coa túa frautiña de vento
e o teu pantalón mollado.

Brinca no medio dos montes
co arrecendo no pelo
das espigas e das fontes.

Cóllelle a dianteira ao frío
acastañado nas cores 
da beira do río.

Ven vindo, outono dourado, 
cos petos cheos de noces
e de ourizos regañados.

Ana María Fernández