martes, 15 de novembro de 2022

APARATO RESPIRATORIO

Aquí tedes varios vídeos para aprender cousas sobre o APARATO RESPIRATORIO





E esta actividade de Liveworksheets para practicar




Repasamos o APARATO LOCOMOTOR

O aparato locomotor: o ESQUELETO



O aparato locomotor: os MÚSCULOS



O aparato locomotor: as ARTICULACIÓNS




martes, 25 de xaneiro de 2022

Os animais: máis información

 Aquí tedes outra presentación sobre os animais 



Uns días traballaremos con unha e outros con outra. Así non nos aburriremos!


Os seres vivos: OS ANIMAIS

Aquí tedes o powerpoint do tema dos animais



Mirádeo varias veces durante as próximas semanas. Sobre todo antes de facer as fichas.

 Cal é o teu animal favorito? Coñeces algún dato curioso sobre algún animal?

Mira xusto debaixo destas liñas. Si pinchas sobre a palabra "comentario" podes escribir o que queiras e despois de que o "ventiño mareiro" dea o seu permiso aparecerá publicado.

martes, 16 de novembro de 2021

Actividade física

 Para manternos sans debemos facer dúas cousas moi importantes: alimentarnos ben e facer exercicio. 


sábado, 13 de novembro de 2021

Vídeos O CORPO HUMANO


Cantamos "O Esqueleto", de Migallas

Axúdate desta canción de Migallas para estudar os ósos do corpo.

No seguinte vídeo podedes ver que ben bailan os nenos e nenas de 2ºB do Colexio Castelao de Ordes:


                               O ESQUELETO

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar patadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cantos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cantos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cantos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!


O CORPO HUMANO 1º

Picade na imaxe para ver a presentación do corpo humano:


Aquí tedes fichas interactivas sobre o corpo humano. Non as imprimades, facédeas en liña (co móbil, a tablet, o ordenador...) 
Ao rematar as fichas tedes dúas opcións, escollede a opción de "ver os resultados" para ver si vos equivocástedes ou non. 
Podédelas facer varias veces para practicar. 
Preme na imaxe e comeza xa!





xoves, 11 de novembro de 2021

Benvidos ventiños!

Ola a tod@s:

        Vouvos contar por que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro.
       
  
Recordades o mural do recuncho de biblioteca da nosa aula?

Os primeiros días conteivos que é unha composición en homenaxe a un dos meus autores galegos favoritos: Antonio García Teijeiro.


O ratiño que está na biblioteca é Honorato o protagonista de Honorato, o rato namorado. Na parte superior aparecen imaxes de Ventos, un dos seus libros de poesías que máis me gustan. 


Ademáis quería que o blog tivera algo que ver con Rianxo, e que hai máis rianxeiro que o ventiño mareiro que nos entra pola ventá da aula?

Ahh... e sabedes que Castelao, entre outras moitas cousas, foi pintor?

Tiña unha obra chamada Augada,
pero desde que Ramón Cabanillas a elexiu como ilustración para a portada do seu poemario Vento Mareiro coñecese con ese nome. 

A que parece que pintou un home paseando pola 
praia de Tanxil ou das Cunchas?
E, por útimo sabedes que hai unha canción tradicional galega que se chama así e fala de Rianxo? Ao mellor non a coñecedes co nome de Vento Mareiro igual vos sona máis Teño un amor en Rianxo. 



Déixovos aquí a versión que fixo A Roda. Escoitádea, seguro que vos sona e, se non, aprendédea. 


Agora xa sabedes todos os motivos polos que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro. Sempre que poidades saíde a pasear pola ribeira, pola praia para sentir ese vento mareiro que nos fai tanto ben. 

xoves, 18 de xuño de 2020

Recomendacións para o verán 1º de primaria


Manualidades e repostería deste 3º trimestre

Xa estamos nos últimos días de curso. Por iso quero compartir con vós as fotos que me fixéstedes chegar durante o confinamento das diferentes cousiñas que fostedes facendo: manualidades de Elmer, marcapáxinas polo día do libro ou do conto A Mosca Chosca, os biscoitos que vos animei a que preparárades, cómics inventados por vós... 


Si se quedou algunha no tinteiro só tedes que enviarma e súboa. 

luns, 15 de xuño de 2020

SAN XOÁN

O próximo martes 23 de xuño celebramos unha das noites máis máxicas do ano, a noite de San Xoán. Aquí tedes unha fichiña para aprender algunha cousiña máis sobre ela.  

                                                                    Pica na imaxe para acceder


Pasádeo moi ben na noite máis longa do ano! 

sábado, 13 de xuño de 2020

Ca, co, cu, que, qui

"El swing de ca, co, cu, que,qui" una forma muy divertida de repasar ortografía!


                                    A cantar!