martes, 21 de abril de 2020

Os seres vivos: OS ANIMAIS

Aquí tedes o powerpoint do tema dos animais



Mirádeo varias veces durante as próximas semanas. Sobre todo antes de facer as fichas.


Gustouvos? Houbo algo que che chamou a atención? Cal é o teu animal favorito? Coñeces algún dato curioso sobre algún animal?
Mira xusto debaixo destas liñas. Si pinchas sobre a palabra "comentario" podes escribir o que queiras e despois de que o "ventiño mareiro" dea o seu permiso aparecerá publicado.

luns, 20 de abril de 2020

Cálculo mental: intercambio de unidades

         Queres sumar  MOITÍSIMO MÁIS RÁPIDO?

Neste vídeo enséñanvos un truco moi sinxelo para conseguilo.

                                Atréveste?




Canto máis practiques más fácil será!!!!

venres, 17 de abril de 2020

Actividades Cr - Cl

Hoy habéis trabajado en el libro de lengua palabras con Cr y Cl. Para practicar y aprender más palabras con estos sinfones podéis utilizar la página web del CEIP Loreto.

Tienen muchísimas actividades diferentes para practicar todas las cosas que hacemos en clase. Os voy a explicar cómo 

1º  Ir a la página  

Podéis poner en un navegador ceip loreto, escribir en la barra de direcciones http://www.ceiploreto.es/ o pinchar  el enlace directo que está en nuestro blog a la izquierda en "páxinas de interese"



2º  Pinchar en Lengua 1º 


3º  Elegir cualquiera de los libros que aparecen pinchando encima. 


Para el ejemplo yo pinché encima del de Anaya porque es la editorial de nuestro libro de lengua pero cualquiera de ellos sirve. Incluso hay actividades repetidas en varios de ellos. 


4º  Ir bajando con la rueda del ratón o la barra lateral hasta que aparezcan las actividades de Cr y Cl 


Tienes que bajar bastante. Dependiendo del libro hasta el tema 7, 8... 

Hay muchísimas actividades tanto de lengua como de mates, naturales, sociales, inglés. Puedes hacer todas las que quieras tantas veces como quieras. 

OJO:  A lo mejor alguna no funciona porque  debes tener algún programa instalado en el ordenador como el Adobe Flash Player. Pídele ayuda a un adulto, es muy fácil de solucionar.




mércores, 15 de abril de 2020

Benvidos ventiños!

Ola a tod@s:
                  Este ano está sendo bastante diferente ao resto dos cursos. Non só tivestedes 3 profes -a profe Tere "de sempre", a profe Tere de Coruña e a profe Vanesa-, se non que agora que tiña que volver a primeira profe Tere, temos que estar todos encerrados na casa!!!!
          Que se lle vai facer!
          Por iso, vouvos contar por que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro.
       
  
Recordades o mural do recuncho de biblioteca da nosa aula?

Os primeiros días conteivos que é unha composición en homenaxe a un dos meus autores galegos favoritos: Antonio García Teijeiro.


O ratiño que está na biblioteca é Honorato o protagonista de Honorato, o rato namorado. Na parte superior aparecen imaxes de Ventos, un dos seus libros de poesías que máis me gustan. 


Ademáis quería que o blog tivera algo que ver con Rianxo, e que hai máis rianxeiro que o ventiño mareiro que nos entra pola ventá da aula?

Ahh... e sabedes que Castelao, entre outras moitas cousas, foi pintor?

Tiña unha obra chamada Augada,
pero desde que Ramón Cabanillas a elexiu como ilustración para a portada do seu poemario Vento Mareiro coñecese con ese nome. 

A que parece que pintou un home paseando pola 
praia de Tanxil ou das Cunchas?
E, por útimo sabedes que hai unha canción tradicional galega que se chama así e fala de Rianxo? Ao mellor non a coñecedes co nome de Vento Mareiro igual vos sona máis Teño un amor en Rianxo. 



Déixovos aquí a versión que fixo A Roda. Escoitádea, seguro que vos sona e, se non, aprendédea e cando voltemos ao cole cantádeslla ao profe Luis de música, que seguro que a sabe tocar coa gaita.


Agora xa sabedes todos os motivos polos que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro. Espero que todos moi pronto poidamos saír a pasear pola ribeira, pola praia e sentir ese vento mareiro que nos fai tanto ben.