martes, 16 de novembro de 2021

Actividade física

 Para manternos sans debemos facer dúas cousas moi importantes: alimentarnos ben e facer exercicio. 


sábado, 13 de novembro de 2021

Vídeos O CORPO HUMANO


Cantamos "O Esqueleto", de Migallas

Axúdate desta canción de Migallas para estudar os ósos do corpo.

No seguinte vídeo podedes ver que ben bailan os nenos e nenas de 2ºB do Colexio Castelao de Ordes:


                               O ESQUELETO

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar patadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cantos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cantos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cantos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!


O CORPO HUMANO 1º

Picade na imaxe para ver a presentación do corpo humano:


Aquí tedes fichas interactivas sobre o corpo humano. Non as imprimades, facédeas en liña (co móbil, a tablet, o ordenador...) 
Ao rematar as fichas tedes dúas opcións, escollede a opción de "ver os resultados" para ver si vos equivocástedes ou non. 
Podédelas facer varias veces para practicar. 
Preme na imaxe e comeza xa!





xoves, 11 de novembro de 2021

Benvidos ventiños!

Ola a tod@s:

        Vouvos contar por que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro.
       
  
Recordades o mural do recuncho de biblioteca da nosa aula?

Os primeiros días conteivos que é unha composición en homenaxe a un dos meus autores galegos favoritos: Antonio García Teijeiro.


O ratiño que está na biblioteca é Honorato o protagonista de Honorato, o rato namorado. Na parte superior aparecen imaxes de Ventos, un dos seus libros de poesías que máis me gustan. 


Ademáis quería que o blog tivera algo que ver con Rianxo, e que hai máis rianxeiro que o ventiño mareiro que nos entra pola ventá da aula?

Ahh... e sabedes que Castelao, entre outras moitas cousas, foi pintor?

Tiña unha obra chamada Augada,
pero desde que Ramón Cabanillas a elexiu como ilustración para a portada do seu poemario Vento Mareiro coñecese con ese nome. 

A que parece que pintou un home paseando pola 
praia de Tanxil ou das Cunchas?
E, por útimo sabedes que hai unha canción tradicional galega que se chama así e fala de Rianxo? Ao mellor non a coñecedes co nome de Vento Mareiro igual vos sona máis Teño un amor en Rianxo. 



Déixovos aquí a versión que fixo A Roda. Escoitádea, seguro que vos sona e, se non, aprendédea. 


Agora xa sabedes todos os motivos polos que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro. Sempre que poidades saíde a pasear pola ribeira, pola praia para sentir ese vento mareiro que nos fai tanto ben.