xoves, 29 de outubro de 2015

Celebramos o Samaín

Hoxe pasamos un gran día celebrando o Samaín no colexio. Así é como estaba a entrada do noso pavillón esta mañá:




Logo disfrutamos duns contos de medo que nos contaron os rapaces e rapazas de cuarto e sexto curso, pasámolo moi ben.

(FOTO)

Estivemos acompañados dos nenos das outras clases de primeiro cos que tamén bailamos e xogamos.




Antes do recreo fixemos a merenda na clase, cada un trouxo doces típicos do Samaín e compartímolos. Estaban riquísimos!




Ao final da mañá xuntámonos tódalas clases do colexio no porche, había disfraces chulísimos! E seguimos bailando e cantando para rematar a festa.


Feliz Samaín!

mércores, 28 de outubro de 2015

Benvidos e benvidas!

Este é o blog do alumnado de 1ºA do C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo.

Nel publicaremos os nosos traballos, as últimas novas, os enlaces que nos resulten interesantes e todo o que nos vaia acontencedo durante o curso escolar.

Os pais, as nais, os mestres e por suposto o alumnado está invitado a participar coas súas aportacións e comentarios.

Comecemos!