Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2020

Poemando en maio

Fai unhas semanas pedinvos que ilustrásedes e aprendésedes esta poesía. Picade nela para ver as vosas creacións.


Algúns tamén me enviástedes un vídeo recitando a poesía 





E si picades nesta foto de Dani podedes escoitar o audio que me mandou recitando a poesía.


Cantos recordos!  De pequena tamén facía colares de flores polos maios. 


Todos aqueles que queirades seguir mandándome cousas, adiante! En canto poida súboas para compartilas cos demáis. 

mércores, 11 de novembro de 2015

Decoración de outono

O pasado día 3 de novembro foi a inauguración da Biblioteca do cole. Fixemos uns monstros con ourizos, entre outras moitas actividades.
Posteriormente na clase fixemos unha pequena descrición do noso monstro: nome, cor de ollos, como é o seu corpo, onde vive...
Que medo!


 Esta semana estamos traendo á escola os traballos que elaboramos coa nosa familia, estes son algúns exemplos que colocamos no corredor. Quedaron chulísimos!!




E hoxe rematamos os noso cucuruchos para o venres celebrar o Magosto. A nosa clase leva o vento, que tamén está presente no título deste blog e no mural do recuncho da biblioteca de aula.

luns, 2 de novembro de 2015

Outono dourado

Ven vindo outono dourado
coa túa frautiña de vento
e o teu pantalón mollado.

Brinca no medio dos montes
co arrecendo no pelo
das espigas e das fontes.

Cóllelle a dianteira ao frío
acastañado nas cores 
da beira do río.

Ven vindo, outono dourado, 
cos petos cheos de noces
e de ourizos regañados.

Ana María Fernández