xoves, 18 de xuño de 2020

Recomendacións para o verán 1º de primaria


Manualidades e repostería deste 3º trimestre

Xa estamos nos últimos días de curso. Por iso quero compartir con vós as fotos que me fixéstedes chegar durante o confinamento das diferentes cousiñas que fostedes facendo: manualidades de Elmer, marcapáxinas polo día do libro ou do conto A Mosca Chosca, os biscoitos que vos animei a que preparárades, cómics inventados por vós... 


Si se quedou algunha no tinteiro só tedes que enviarma e súboa. 

luns, 15 de xuño de 2020

SAN XOÁN

O próximo martes 23 de xuño celebramos unha das noites máis máxicas do ano, a noite de San Xoán. Aquí tedes unha fichiña para aprender algunha cousiña máis sobre ela.  

                                                                    Pica na imaxe para acceder


Pasádeo moi ben na noite máis longa do ano! 

sábado, 13 de xuño de 2020

Ca, co, cu, que, qui

"El swing de ca, co, cu, que,qui" una forma muy divertida de repasar ortografía!


                                    A cantar!   


Género y Número de los sustantivos


Este vídeo os ayudará a saber si un sustantivo es masculino o femenino (género) y si es singular o plural (número)

luns, 1 de xuño de 2020

Algúns de vós participástedes nos "Retos para o mes de maio" propostos pola Xoubiña Castelao no blog de biblioteca 

No 2º reto sobre as  Fases da Lúa hai varias entradas que recollen os traballiños. 

Si picades nesta primeira imaxe poderedes ver dous traballiños diferentes de Efrén sobre as fases da Lúa e tamén un experimento que fixo



E nesta entrada están os traballiños de Lara, Lorena e Iago




No 4º reto, proposto o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, a Xoubiña propúxonos enviar unha foto das cousas que gardaríamos no "Museo Virtural do Colexio Castelao". 
Participaron tanto Saray e a súa familia como a profe 



Si queredes aínda estades a tempo de participar!!! Enviádeme as fotos e eu pasareillas á xoubiña (A miña é a do atardecer rianxeiro coa gaivota) 

A RECICLAXE E O AFORRO ENERXÉTICO



QUIZ DE PREGUNTAS DE CIENCIAS, 1º DE PRIMARIA




Describindo unha galiña


Ola a todos!

Fai unhas semanas, xa que estamos aprendendo a describir animais,
pedinvos que describirades unha galiña. 
Ocurreuseme cando lin As Pitas Baixo a Choiva de Ricardo Carvalho Calero para preparar as actividades coas que conmemorar o 17 de maio,  Día das Letras Galegas. 

Picade na portada para ver as descripcións das "pitas"  que me fixestedes chegar ata o momento. 


A Efrén, ademais de por escrito, apeteceulle describir as súas galiñas dun xeito un tanto diferente mirade...



Tamén podedes ver na entrada "Os nosos traballiños" do blog de biblioteca as anécdotas de animais que me enviástedes xunto coas dos compañeiros de 3º que quixeron participar nesta proposta da biblio. 


Poemando en maio

Fai unhas semanas pedinvos que ilustrásedes e aprendésedes esta poesía. Picade nela para ver as vosas creacións.


Algúns tamén me enviástedes un vídeo recitando a poesía 





E si picades nesta foto de Dani podedes escoitar o audio que me mandou recitando a poesía.


Cantos recordos!  De pequena tamén facía colares de flores polos maios. 


Todos aqueles que queirades seguir mandándome cousas, adiante! En canto poida súboas para compartilas cos demáis.