luns, 1 de xuño de 2020

Algúns de vós participástedes nos "Retos para o mes de maio" propostos pola Xoubiña Castelao no blog de biblioteca 

No 2º reto sobre as  Fases da Lúa hai varias entradas que recollen os traballiños. 

Si picades nesta primeira imaxe poderedes ver dous traballiños diferentes de Efrén sobre as fases da Lúa e tamén un experimento que fixo



E nesta entrada están os traballiños de Lara, Lorena e Iago




No 4º reto, proposto o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, a Xoubiña propúxonos enviar unha foto das cousas que gardaríamos no "Museo Virtural do Colexio Castelao". 
Participaron tanto Saray e a súa familia como a profe 



Si queredes aínda estades a tempo de participar!!! Enviádeme as fotos e eu pasareillas á xoubiña (A miña é a do atardecer rianxeiro coa gaivota) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario