xoves, 11 de novembro de 2021

Benvidos ventiños!

Ola a tod@s:

        Vouvos contar por que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro.
       
  
Recordades o mural do recuncho de biblioteca da nosa aula?

Os primeiros días conteivos que é unha composición en homenaxe a un dos meus autores galegos favoritos: Antonio García Teijeiro.


O ratiño que está na biblioteca é Honorato o protagonista de Honorato, o rato namorado. Na parte superior aparecen imaxes de Ventos, un dos seus libros de poesías que máis me gustan. 


Ademáis quería que o blog tivera algo que ver con Rianxo, e que hai máis rianxeiro que o ventiño mareiro que nos entra pola ventá da aula?

Ahh... e sabedes que Castelao, entre outras moitas cousas, foi pintor?

Tiña unha obra chamada Augada,
pero desde que Ramón Cabanillas a elexiu como ilustración para a portada do seu poemario Vento Mareiro coñecese con ese nome. 

A que parece que pintou un home paseando pola 
praia de Tanxil ou das Cunchas?
E, por útimo sabedes que hai unha canción tradicional galega que se chama así e fala de Rianxo? Ao mellor non a coñecedes co nome de Vento Mareiro igual vos sona máis Teño un amor en Rianxo. 



Déixovos aquí a versión que fixo A Roda. Escoitádea, seguro que vos sona e, se non, aprendédea. 


Agora xa sabedes todos os motivos polos que o noso blogue de aula se chama Vento Mareiro. Sempre que poidades saíde a pasear pola ribeira, pola praia para sentir ese vento mareiro que nos fai tanto ben. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario