luns, 18 de maio de 2020

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero


Onte, 17 de maio, foi o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Para saber máis sobre el preme na imaxe. 

A profe Isa fixo unha adaptación do libro As Pitas Baixo a Choiva. Seguro que vos gusta tanto como a min!





Ricardo Carvalho Calero publicou esta anécdota que lle sucedeu cando era neno na revista Lar en 1952.

Quero que, coa axuda das vosas familias, practiquedes a ser escritores como Ricardo. Contádeme unha anécdota que vos sucedera a vós ou a alguén da vosa familia na que interveña algún animal.



Estou desexando ler os vosos relatos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario