O pasado luns 16 de outubro fomos por primeira vez coa profe Tere á biblio.
Alí, ademáis de explicarnos un pouquiño como usar as taboíñas, presentounos o blog de aula e falounos de Antonio García Teijeiro.
Este ano Antonio García Teijeiro recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro Poemar o Mar.
E, cal foi a nosa sorpresa cando a profe nos falou doutros libros seus e recoñecimos as imaxes que hai no mural do recuncho de biblioteca da nosa aula.
A Honorato que está namorado da Lúa, as estrelas e o ventiño que está falando coa paxariña de papel do poemario Ventos.
Pensando neste libro que tanto lle gusta, e nunha canción co mesmo título que fala sobre Rianxo a profe púxolle Vento Mareiro ao noso blog de aula. Sabes cal é?
Se non o sabes colle a túa lupa de investigador/a...
(Espero a túa resposta nos comentarios)
Por certo, cando volvemos á aula a profe ensinounos o autógrafo de Antonio García Teijeiro que hai no mural da aula. Firmouno fai uns anos cando veu ao cole.
(Fíxate na imaxe de cabeceira do blog ao lado da palabra PAZ)
Ningún comentario:
Publicar un comentario